ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As obras iniciáronse a finais do pasado mes de outubro, cun orzamento de 381.000 euros. Incluíron o movemento e compactación do actual terreo de xogo, a execución da base de asfalto, a subbase, e posterior extensión do manto de céspede sintético, a construción do sistema de recollida de augas pluviais e da rega e o equipamento completo do recinto deportivo. Instalase herba artificial de 60 milímetros de altura, mono filamento, lastrada con area de sílice e caucho SBR. A rede de rega conta con seis aspersorios emerxentes controlados por un programador externo. O campo, no que xoga os seus encontros o Cultural Maniños, estará non só habilitado para a práctica do fútbol 11, senón tamén para fútbol 7 polo que se disporán nas zonas laterais de catro porterías máis de aluminio abatibles.