O campionato galego de slalom decídese este sábado

Programa: 
A Bancada

O acto de presentación do XII Slalom Nocturno Scratch Fene celebrouse na Casa do Concello de Fene. Participaron o Alcalde de Fene Juventino Trigo, os concelleiros Sandra Permuy e Xusto Martínez;  e por parte do comité organizador o Comisario Deportivo Fátima Ameneiro e o Comisario Administrativa Natalia Pita. Na devandita presentación, repasouse a excelente traxectoria das 11 anteriores edicións e déronse a coñecer as novidades na carreira deste ano:

 

A organización repartirá un total de 930 euros en premios, ademais de trofeos aos 6 primeiros da xeral e os 3 primeiros de cada unha das 6 agrupacións existentes. Ademais, contará cos seus xa famosos trofeos especiais  e que ademais este ano incrementará un novo:

     

X Trofeo Scratch Fene: Talleres Pneumáticos + Gas Sport, premiando ao mellor clasificado do club fenés.
XII Trofeo Debutantes: Talleres Gandoy, levándose o galardón o primeiro dos debutantes en competición neste 2016.
XII Trofeo Feminino: Ortegal Oil, desde a primeira edición un trofeo dedicado á mellor piloto na nosa carreira.
II Trofeo Renault: Talleres Ramos, trofeo para o máis rápido que compita con esta marca de coches.
II Trofeo Junior: Talleres Golpauto,  premiarase ao mellor clasificado cunha idade de até 23 anos o día da carreira.
I Trofeo Veteranos: DisgalGas, trofeo de nova creación, destinado aos pilotos con 45 ó máis anos no día de celebración da proba.

 
Poderase compartir coche de competición até por 4 pilotos distintos.

 

Como todos os anos, a organización proporciona unha manga extra de entrenos que se celebrará ás 12:30h do sábado. A 2ª manga de entrenos celebrarase ás 16h e sobre as 18:30h comezará a primeira das mangas oficiais, sendo a continuación a segunda e con ela o fin da proba.

 

A entrega de premios realizarase no salón de plenos do concello, celebrando un parque pechado final na praza do mesmo onde os asistentes poderán fotografarse cos pilotos e coches así como compartir con todos a entrega de galardóns.