O cine na prisión da Coruña

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

O S8 do título do festival fai referencia ao Super 8, un formato que -segundo a organización do evento- “non recibiu nunca a atención que merece”. Ángel Rueda salientou que os 8 milímetros foron testemuña directa do noso pasado, pero tamén o medio para que cineasta dos presente e o futuro realicen as súas primeiras obras.

A mostra renderá homenaxe ao artista Iván Zulueta, contará coa presencia de Mark Rappaport, María Cañas e Bruce McClure, e terá unha sección dedicada ao audiovisual galego onde se poderán ver películas inéditas feitas en Galicia nos últimos 40 anos e proxeccións do arquivo histórico do país. Ademais, nesta primeira edición da mostra proxectarase en primicia a obra fílmica do último dos mestres do surrealismo, o pintor Eugenio Granell e farase unha retrospectiva de Ernesto Díaz Noriega, un autor que trocou o cine galego. Asemade, os novos creadores terán a oportunidade de abrir novas vías de difusión da súa obra no Observatorio, onde entrarán en contacto distribuidoras, galerías de arte ou responsables de centros de cultura.