O Consello da Cultura Galega creará un Museo das Migracións

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

Estruturadas en tres sesións, as dúas primeiras terán lugar na mañá e na tarde do día 16. Sobre “Teoría e práctica da musealización das migracións” falarán: María Beatriz Rocha-Trindade, da Universidade Aberta, de Lisboa, (Museus de Migraçôes: Abrangência Nacional, Potencialidade Educativa, Acçâo Social) e Fernando Devoto, da Universidade de Bos Aires, que disertará sobre “As migracións internacionais entre historia, memoria e patrimonio”.

Pola tarde a segunda sesión abordará “Exemplos de Museos da Emigración en Europa e América”, a través dos seguintes relatorios: Ana María Leitâo (O Memorial do Imigrante de Sâo Paulo), Christina Persson (A Casa do Emigrante Sueco en Växjö), Karin Hess (A Casa do Emigrante Alemán de Bremerhaven) e Isabel Ferreira Alves (O Museu da Emigraçâo e das Comunidades de Fafe).

A terceira sesión desenvolveráse na mañá do día 17 coa presentación do referido informe para a creación do Museo das Migracións, a cargo do presidente do CCG, Ramón Villares e de Xosé Manoel Núñez Seixas, do Arquivo da Emigración Galega e coordinador das xornadas.