O escándalo da carne de cabalo

Programa: 
Comer en Galicia

E que acaba de decidir a Comisión?  Segundo indica o diario Le Monde, "simplemente impulsar o recurso ás fariñas animais para alimentar unha parte da gandaría. Desexa autorizar estas fariñas no sector da acuicultura desde o primeiro de xuño, e despois, "non antes 2014", para os porcos e as volátiles.

Iso volve, nin máis nin menos, a unha práctica de gandaría cuxas consecuencias provocaron unha das máis graves catástrofes sanitarias que coñecese o continente, hai menos de vinte anos: a crise das vacas tolas.

A citada crise xurdiu tras a alimentación dos animais con fariñas de carnes e de ósos, reciclando todo tipos de materiais e preparadas sen precaucións sanitarias. Como consecuencia decenas de milleiros de vacas foron infectadas pola encefalopatía esponxiforme bovina, conducindo á eliminación de rabaños enteiros. Por causa destas fariñas, centenares de consumidores desenvolven, ás veces anos despois de comer das carnes infectadas, a enfermidade mortal de Creutzfeld-Jacob.