O French Connection homenaxea á nova canción francesa

Programa: 
Sonsdenós

A edición deste ano do “French Connection” convertíuse nun festival de dous días de duración e concertos dobles que comenzarán ámbolos dous días ás nove e media da noite. As entradas para os espectáculos custan 8 euros.

A encargada de abrir o certamen  de novas sonoridades francesas é a artista The Rodeo que presentará o día e de decembro o seu proxecto musical de neo-folk francés. A artista estrenará no festival o seu novo disco titulado “My first EP by The Rodeo” na que rinde unha homenaxe aos pioneiros da música country, folk e blues.
Neste primeiro día The Rodeo compartirá esceario con Brisa Roché que presentará o seu proxecto discográfico titulado “Takes” no que se reflicten as influencias californianas da cantautora.
 
O día 4 de decembro tocarálle o turno a Charlie que presentará no teatro de Braga o seu álbum homónimo de recente lanzamento composto dunha síntese de temas de varios concertos en directo entre os que salientan “Ema” ou “Je Recherde” que acadou un grande éxito nas radios e televisións francesas. O estilo desta artista está inspirado en sonoridades diversas como a “chanson”, pop, rock e música electrónica. Para pechar a segunda edición do festival subirá ó palco principal a cantante Berry que mostrará o seu traballo editado o pasado ano “Mademoiselle” polo que obtivo o Disco de Ouro.