O importante do traballo do médico son as persoas

Programa: 
Vilanova

No espazo Vilanova de Radio Fene tamén falou dos niveis de escoita. O primeiro é o superficial. Alguén nos conta algo e estamos oindo pero non estamos escoitando, non entendemos o que nos explica. O segundo é o de escoita activa, cando conectamos coa outra persoa e implica un interese e unha atención polo que a nosa interlocutora vive. O  terceiro é o máis elevado e consiste en ter a conexión coa outra persoa pero ao mesmo tempo darse conta do que está a pasar arredor.