O musical que conmove ao mundo

Programa: 
Patio de butacas

Deste xeito, a estrea deste espectáculo procedente de Broadway e aclamado tanto polo público como pola crítica non podía traducirse noutra cousa que non fose un rotundo éxito.

     Cun elenco composto por artistas de tódalas nacionalidades, entre os que se atopaba a sudafrincana Brenda Mhlongo, quen xa participou neste musical nas cidades de Alemaña, Broadway, e na súa xira por EEUU, “O Rei León” conseguiu emocionar ao público madrileño coa historia do pequeno Simba, un león que atormentado pola morte do seu pai e baixo a influencia dun tío cruel e ansioso de poder, fuxe do seu reino créndose culpable de tódolos males que alí sucederon.

Dentro desa xa de por si emocionante historia, que sen deixar de ser unha curiosa versión do Hamlet de Shakespeare consegue facer rir e chorar tanto a nenos como adultos, cabería destacar un moi bó traballo do equipo de casting, xa que cada personaxe dentro seu papel, que non podemos esquecer esixe neste musical un plus de esforzo polo feito de tratarse de animais, estaba auténtico, axeitado, e metido na pel de quen representaban, até chegar ao punto de facer esquecer ao público que se trataban de persoas, conseguindo a través dos seus movementos e a súa xestualidade, dar expresión a esas máscaras ou esos bonecos que os caracterizaban.

     En canto á música, presente ao longo de todo o espectáculo e interpretada por unhas espléndidas voces e un acompañamento instrumental totalmente en directo, chama a atención que ademais das propias cancións compostas por Tim Rice e Elton John, presentes xa na película orixinal de Disney, a adaptación teatral conta con novos temas que non teñen nada que envidiar aos anteriores, xa que conseguen transmitir esa emoción sen saír do ambiente “salvaxe” que debe estar presente ao longo de toda a historia.

     Non obstante, se hai algo que verdadeiramente resulta impresionante neste musical, ésa é a posta en escena, xa que tanto os efectos entre luces e sombras, coma os escenarios conseguidos, coma os vestiarios verdadeiramente asombrosos, conseguen que os actores poidan converterse non só en animais, senón formar parte dun decorado que consegue que o espectador esqueza todo o demais e se meta de cheo nese mundo de fantasía creado por Disney.

     En definitiva, un espectáculo emotivo, sorprendente e brillante, que consegue cumplir as espectativas e facer que tanto nenos como adultos disfruten da adaptación musical dunha historia que aínda ten moito camiño por diante:
O rei león.