O Narón, a 3 puntos da promoción tras vencer ao Pontevedra B (2-0)

Programa: 
A Bancada

O gol de Juanito abriu o marcador e serviu para aportar tranquilidade ás filas de Narón. Na última media hora do encontro o filial do Pontevedra exerceu maior presión sobre a portería que defende Simón. Xa no minuto 48 Pablo Rey incrementou a ventaxa para o conxunto de Rioseco.