O Ortigueira só sabe gañar

Programa: 
A Bancada

A derrota escocerá no pelexo do Barallobre. A determinación do filial do Galicia de Mugardos descolocou aos do Ramo que acabaron o encontro perdidos en terra de ninguén.

 

A primeira parte foi do Barallobre e a segunda do Galicia de Mugardos B. Ao descanso chegouse cun 0 a 1, pero na segunda metade os mugardeses foron quen de darlle a volta ao marcador. Coa derrota en Mugardos, o Barallobre pecha un ciclo de 4 partidos xogando en campos en malas condicións. O Barallobre pasa por un mes malo, segundo o seu adestrador Agustín Fernández. 

 

O técnico do Barallobre fai autocrítica do comportamento do equipo nos últimos partidos. Os do Ramo non afrontan os encontros coa intensidade necesaria para aspirar aos postos de ascenso. A distancia agora co Ortigueira pode ser xa insalvable no que queda de Liga, segundo o técnico Agustín Fernández.