O Parlamento e a escola

Programa: 
Músicas e Letras

A idea xurdiu co propósito de responder á utilidade convencional dunha axenda escolar –unha ferramenta orientada a planificar e organizar da mellor maneira posible as tarefas do alumno-, ao tempo que trata de explicar, dun xeito ameno e inxenioso, as competencias e funcionamento do Parlamento de Galicia, destacando as datas máis significativas na historia da Cámara e das institucións autonómicas.

Estes datos compleméntase con outra información histórica que sen estar directamente relacionada co Parlamento, pode resultar de interese para a formación dos escolares galegos, como é o caso da institucionalización do Día das Letras Galegas ou a Fundación da Real Academia Galega.

Paralelamente, e a través de xogos variados, a axenda trata de espertar o interese dos escolares sobre a organización e funcionamento da Cámara autonómica.