ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Trala intervención da portavoz do Partido Popular, Rosa Oubiña, a deputada do BNG denunciou os recortes do Goberno galego en materia de recursos en políticas de igualdade entre os que nomeou o salario da liberdade e a supresión do Servizo Galego de Igualdade. Pontón considerou que a deputada popular volveu dar “escusas” e negou que houbera algunha relación entre a supresión do Servizo de Igualdade e a posta en marcha do Observatorio da Violencia de xénero como defendeu Oubiña. Neste sentido, a nacionalista explicou que, a Xunta de Galicia no ano 2009 remitiu un informe ao Parlamento galego no que afirmaba que o observatorio atopábase en fase de desenvolvemento,no 2010 na preceptiva fase de recadación de informes para a súa aprobación polo Consello da Xunta, pero estamos en outubro do 2011, dixo, e a portavoz do Partido popular afirma que “continúa na mesma fase”. Pontón asegurou que o Partido popular se delatou coa presentación dunha emenda á Proposición non de lei fixando ata o remate do ano 2011 o período de creación do observatorio no canto dun mes como propuña o BNG, isto significa dixo, que “non fixeron nada ata agora e necesitan tempo”. A parlamentaria lembrou que a lei galega para o tratamento integral da violencia de xénero, aprobada no ano 2007, dispón a creación dun Observatorio Galego da Violencia de Xénero, órgano institucional da Xunta para o estudo, avaliación e seguimento das políticas de violencia contra ás mulleres e denunciou a “responsabilidade” do Goberno galego na súa paralización. Finalmente, o Parlamento de Galicia reclamará a creación do Observatorio da Violencia de Xénero no ano 2011.