O Perlío, campión galego de fútbol afeccionado

Programa: 
A Bancada

    No ano 1970 adquírense os terreos dos Pinares, adxudicándose as obras a “Canteras Breamo” en marzo dese ano. Os traballos continuarán co sementeira de herba e o peche do terreo de xogo no 1972 e en xaneiro do 73 lévase a traída de auga ao campo que xa está a pleno rendemento, tanto que mesmo se presta ao club de fútbol Xubia para que xogue na seguinte tempada 73/74 a cambio de que os socios do Perlío dispoñan de entradas gratis para ver os seus partidos. Hai que ter en conta que nese momento unha entrada custaba arredor de 35 pesetas os non socios e 15 os socios e as mulleres.
    Antonio Fariña continúa como adestrador dos equipos xuvenil e modesto mentres que Manuel Mosquera Garcia encárgase do equipo infantil. O míster de balonmán é José Herva Bouza. Antes do inicio da tempada 74/75 Ramón Bello (Limodre) pasará a encargarse do equipo xuvenil.
       O Perlío entrou no ano 75 cun novo obxectivo, a construción do novo acceso e das gradas dos Pinares, para o que pediron presuposto á empresa Rivera Seco. No verán do 76 a empresa “Montajes Pérez López” encargouse da acometida eléctrica no campo.