O pipoqueiro e a lavadeira

Programa: 
Brasil

Ruffato, escritor galego universal, é tamén un novelista de sona no Brasil actual. “A educación ten que estar na base de calquera cambio social, o resto é perfumería” afirma crítico despois de recoñecer que Lula sacou a millóns de brasileños da pobreza. “A ignorancia é a base da dominación da poboación do Brasil e sen un cambio na educación, seguiremos coa concentración da renda, violencia e droga que son problemas sociais pero tamén educacionais” indica o autor de “Domingos sem deus”, natural de Cataguases en Minas Gerais.