O Racing respira tras gañar en Zamora

Programa: 
A Bancada

O empate a ceros marcou boa parte do encontro no estadio Ruta de la Plata, ata que no minuto 79 adiantou Manolo Pérez ao Racing. Pouco lle durou a ledicia ao equipo verde, xa que nun minuto Chenel igualou o marcador para os casteláns. Nos momentos finais do partido, Juan Martínez acertou de novo diante da porta cun gol que significou 3 puntos de ouro para o equipo de Ferrol.