O relax provoca sofrimento nos Pinares

Programa: 
A Bancada

O Perlío creou máis ocasións de gol na primeira fase do partido. A comodidade dunha ventaxa de 3 a 0 provocou un relax nas filas do equipo dos Pinares. O Valdoviño, cun xogador menos, aproveitou a ocasión e meteulle o medo no corpo ao contrario.

A superficie do campo dos Pinares estaba algo mellor que en xornadas anteriores. Pero co tempo seco, ponse moi dura, con moitos montículos e non se sabe para onde vai sair o balón. O adestrador Fernando Alvarez afirma que polo menos non había as charqueiras terceiromundistas de outros domingos.

Tres xuveniles completaron o plantel do Perlío, para suplir as baixas por lesións, enfermidades e sancións.