ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A elaboración é ben sinxela pero hai que ser paciente porque o lume lento será a alma do rustrido. Nunca menos de 30 minutos precisan as verduras para soltar o zume que levan dentro e potenciar así o sabor do que pensemos guisar despois.
Escollemos entre cazola ou tixola, o mesmo da. Axiña que botemos o aceite de oliva, adentro co allo e ollo que non se queime. Detrás afogamos o resto das verduras previamente picadas polo miudo. O tomate debe ocupar o último lugar porque ten moita auga e frearía a coción das demais. Lembrade o sal e a pementa.
Un chorro de viño é preciso para desglasar, que ven ser como despegar a graxa que queda no fondo da tixola. Lembramos que leeeeento, leeeento, leeeento ... e listo para mollar pan.
Cómese só, é verdade, pero realmente o rustrido é a cama para a elaboración de moitos guisos, tanto de carnes como de peixes.