O Slalom Nocturno celebraráse o sábado 3 de decembro

Programa: 
A Base do Deporte

Esta proba automobilística, adoptou coma natural a data de final de tempada á que foi obrigada en edicións precedentes por motivos orzamentarios e a pesar de que este ano aínda foi máis compricado que os anteriores para obter o orzamento, grazas ao tesón do equipo organizativo e a colaboración das PEMES e comerciantes da nosa comarca, Fene voltará a ter a mellor proba do Campionato Galego de Slalom por séptimo ano consecutivo.

As espectativas do clube con respecto a esta edición son optimistas, xa que ao ser a última proba do campionato, este decidirase en Fene. Ademáis, trala edición de 2009, onde estrenábase por primeira vez o esquema dunha proba nocturna, comprobouse a maior espectacularidade da mesma.  

Ademáis, Scratch Fene, colaborará na organización da II Ruta Turístico-Solidaria de Ferrolterra que organizará Scratch Galicia, para continuar coa realización de actividades automobilístico-solidarias, coma foi en 2009 a participación no Mongol Rally e a doazón de máis de 200 quilogramos de alimentos non perecedoiros e 200 litros de Coca Cola Light, na anterior edición deste evento. Novamente, recadaranse alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. Esta proba, grazas ao apoio de Scratch Fene, será puntuable para o Campionato Galego de Ralis de 2ª Categoría (regularidade) e poderán participar todas aquelas persoas que dispoñan de coche e carné de conducir.