O teatro galego, de noraboa

Programa: 
Músicas e Letras

Segundo informa Praza, o plenario da Real Academia Galega escolleu por maioría o dramaturgo como autor homenaxeado no Día das Letras 2013, polo seu papel "na creación dun público para o teatro galego" e porque "por enriba de todo, foi un extraordinario escritor". Vidal Bolaño contou con numerosos apoios entre os académicos, comezando por Paco Fernández Rei, ou Margarita Ledo e Euloxio Ruibal, que ao remate do plenario explicaron os motivos da escolla do dramaturgo, unha vez que Méndez Ferrín fixo público o nomeamento. Ruibal salientou por exemplo a súa loita "non só pola creación artística, senón polas melloras nas condicións sociais e políticas" e afirmou que "foi un home que dende a esquerda defendeu uns valores que temos que ter moi presentes, porque as obras de todo tipo teñen que servir para a dignidade”.