O Universitario Ferrol quere seguir soñando

Programa: 
A Bancada

O plantel do Universitario Ferrol está a realizar un sobreesforzo nos partidos, desde a baixa de Laura Audere. Pero márcanse como obxectivo gañar nas próximas visitas a Badajoz, Santiago e Burgos. Para estar arriba teñen que buscar a victoria nesas saídas, segundo o adestrador Chiqui Barros. 

O Universitario Ferrol ocupa a séptima posición con 12 victorias en 18 partidos disputados. Se todo discurre con normalidade o equipo debe rematar a Liga entre os 6 primeiros. Chiqui Barros pregúntase aquí porque non van soñar con situarse nas 4 primeiras posicións que dan dereito a xogar os play off de ascenso.

O Arranz Jopisa Burgos – Universitario Ferrol disputaráse este sábado ás seis e media da tarde. As ferroláns rematarán a Liga regular o 2 de maio recibindo en Esteiro ao Cáceres 2016.