ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O segundo premio foi para o veciño de Fene Xan Xe Corral pola súa fotografia “Galopando”. Recibiu unha caixa de botellas de viño de Galicia. Segundo o xurado, a elección do branco e negro remarca o aspecto rústico en consonancia co tipo de festa que se celebra en Magalofes. O cabalo rompe o eixo da imaxe, dandolle movemento e parece que o animal quere sair da foto. O autor introduciu ademais o asombro dun neno que aporta un toque de tenrura.
O xove de Magalofes Angel Amenedo recibiu o terceiro premio por unha fotografia na que capta un cabalo en pleno escorzo. A imaxe extrae o momento preciso do animal, conxugandoo coa atención do público. Combina entón dúas das principais “virtudes” da Festa de Magalofes: o esplendor do cabalo e a curiosidade da afición. A organización outorgou ao terceiro premio 1 lote de produtos delicatessen Naturalmar.
O acto de entrega de premios celebrouse este mediodia no local da Asociación Veciñal de Magalofes coa participación do presidente da entidade cidadán José Luis Pena, o director de Radiofusión Henrique Sanfiz e a concelleira de Cultura e Deportes de Fene Carmen Silvar.