ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rodriguez tamén apunta aos elementos literarios profundamente orixinais da escritora de Padrón. A obra reune un gran valor estético, capaz de comprender a natureza do xénero humano. Pero a produción de Rosalía de Castro ofrece asimesmo simbolismo e alegoría da reivindicación de Galicia, segundo Rodriguez que tamén critica que a súa persoa e a súa obra non son asumidas como unha gran figura da cultura, por sectores académicos e do poder político.
Rosalía faleceu o 15 de xullo de 1885 aos 48 anos de idade, a consecuencia dun cancro de útero. O seu corpo é soterrado no cemiterio de Adina, en Iria Flavia (Padrón), pero será trasladado solemnemente en 1891 a Santiago. Alí foi sepultado no mausoleo creado polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.
A dificil dixestión dos escritos da autora de "Follas Novas" tradúcese nun proceso de constante amputación da súa obra e de manipulación da súa figura, segundo afirma a profesora Anxos García Fonte na súa tese de doutoramento denominada "A construción da identidade de xénero na narrativa galega do século XX". Segundo García Fonte, a certos procedementos de exclusión, mesmo destrutivos no foi tampouco allea a obra de Rosalía.