Os dorsais da San Silvestre comezan a repartirse o venres

Programa: 
A Bancada

O sábado 30 repartiránse no salón de plenos do Concello de 10,30 a 13,30 e de 15,30 a 16,30. As probas correránse o vindeiro sábado pola tarde, con saida e chegada na Casa do Concello de Fene. A carreira de adultos percorrerá tres quilómetros oitocentos metros e sairá ás seis e media da tarde. Ademáis haberá unha andaina e probas para menores nacidos entre o 2014 e o 2002. Estas carreiras sairán entre as cinco e as seis da tarde e  as sete menos vinte comezará a andaina que percorrerá dous quilómetros seiscentos metros. A inscrición xa está pechada.