Os equipos da zona baixa levan perigo, segundo Juanito

Programa: 
A Bancada

O Narón ocupa na actualidade o noveno posto da clasificación, e o Portonovo pecha a táboa. Trece puntos separan a un e a outro equipo pero iso non pode mover á confianza do equipo de Luis Miguel García. Juanito é consciente de que eses conxuntos poden quitar puntos e decidir ao remate cal é o club que accede á cuarta praza, a que da dereito a participar na promoción.

Juanito, Juan Luis Amigo Ferreiro, naceu en Sigüeiro (Oroso) en 1963. Leva 3 tempadas no Narón e procede do Racing de Ferrol. A súa experiencia é fundamental para intentar sumar puntos e recortar a distancia que separa na actualidade ao Narón (39 puntos) do Cerceda (42).