Os humedais, zona de riqueza bioclimática

Programa: 
Zona Verde

Extensións de marismas e pantanos, ou superficies cubertas de auga, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña cuxa profundidade en marea baixa non exceda de seis metros. Así define a Convención sobre os Humidais estes ecosistemas, nos que a auga xoga un papel fundamental. O 2 de febreiro celebrouse o Dia Internacional dos humedais.