Pé de Boi estrea “SomosNós” na Casa das Crechas

Programa: 
Músicas e Letras

Moita marcha e letras servidas con ironía son algúns dos segredos deste novo disco, que vén acompañado dunha nova web (www.pedeboi.es) e dun videoclip. Ademais, Pé de Boi convídanos tamén a participar no I Concurso literario musical “Relatos hertzianos”, que consiste en que enviemos ao correo electrónico grupopedeboi@gmail.com calquera texto que fale da banda. O grupo elixirá cada mes entre os recibidos o que máis lle guste e agasallarao cunha camiseta e un disco.

Francés, inglés, bable, éuscaro e, por suposto, galego, mestúranse en SomosNós. Despois do concerto desta noite na Casa das Crechas de Compostela, a banda visitará en maio Melide, Vedra, A Estrada e Ourense.