Para poñer máis alta a lingua galega

Programa: 
Músicas e Letras

A proposta que facemos é que se divulgue entre os usuarios de twitter (ou xente disposta a darse de alta nesa rede) a enviar twits con ese hashtag o dia 6 de outubro entre as 4 e as 5 dá tarde. Conmemorariamos así os 103 anos dende que Manuel Lugrís falou en galego por primeira vez nun mitin político celebrado en Betanzos.
Na iniciativa búscase implicar tamén a internautas de Portugal e Brasil, divulgando alí o que é a lingua galega, as súas orixes, e onde situamos a Galicia. Por suposto tamén a toda América Latina e aos galegos residentes en calquera parte do mundo.

Estudos optimistas indican que bastan con 500 usuarios e 1200 twits para aparecer na lista dos 10 "trending topics" de Twitter. Os bibliotecarios fixeron non pasado mes de agosto unha iniciativa similar e non lograron aparecer a pesar de superar esa cifra.

As necesidades

-Internautas que se comprometan a divulgar a iniciativa a través de twitter, dos seus blogs, páxinas web,...
- Xente que elabore unha breve historia da lingua galega.
- Xente que traduza esa historia da lingua galega ao inglés, francés, alemán, portugués, español, portugués de Brasil, xaponés e chinés.

Obxectivos

-Situar o hashtag #galega en twitter.
-Divulgar a existencia e a historia da lingua galega a través desta rede social

Cando, onde, para quen...

A iniciativa vai dirixida a todos os internautas pero naturalmente en primeiro lugar aos usuarios de twitter.

Cal é o prazo de execución?

O 6 de outubro do 2010 entre as 16 e as 17 horas