Parva que sou, Deolinda en Ferrol

Programa: 
Sonsdenós

O grupo Deolinda estáse a asentar con forza dentro do panorana musical portugués. Coa súa ópera prima foron quen de acadar un Disco de Platino polas súas vendas e agora, nuns cinco meses dende a saída do álbum ao mercado, volven conseguir un respaldo aprezable do público para a segunda obra, da que xa liquidaron dez mil exemplares, o que lles outorga un Disco de Ouro. Dois Selos e Um Carimbo é o título escollido para o novo álbum e decidíronse a empregalo “porque antigamente oficializábanse os documentos oficiais cun tampón azul, con dous selos e un carimbo. Pensamos que este disco, en certo xeito, é o oficializar dun son".

 

O éxito de Deolinda chegou ademáis a través da rede, coa difusión da súa cantiga "Parva que sou", estreada neste mes de xaneiro, pero que se convertiu nunha especie de himno da xuventude de Portugal. "Que mundo tan parvo, onde para ser escravo, é preciso estudar" é unha das súas estrofas.