ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O caso é que Pedro Hernández, un madrileño de 39 anos, debuta este serán no célebre concurso e máis que bicar ao santo, lle pega un ‘morreo¡ con lingua e un ‘magreo’ procaz, pois tan pronto como asoma a cabeza no programa gaña o premio final: 132.000 euros por xogar media hora ás adiviñanzas. Como o espazo está gravado, o novo millonario concedeu xa entrevistas nas que relata que antes de gañar o premio comera un prato de cocido: se resulta que os guisos invernais estimulan o cerebro lingüístico, aquí en Galicia debéramos ser vocabularios con pernas.
Non sendo fan do concurso, que me parece máis simplón que o mecanismo dun chupete, hai que recoñecerlle a “Pasapalabra” o mérito de aguantar anos e anos sen reinventar a fórmula. Miren a Silvia Jato, a antiga dona do rosco de letras, que pensaba que o asunto estaba máis que visto e agora paséase polos anuncios enchéndose a pastas Gallo mentres agarda por un programa de éxito similar. O seu posto ocúpao Cristian Gálvez, que fará de metralleta de preguntas para saudar a un novo millonario ás oito e cuarto en Telecinco.