Pementos do Couto, non pican nen moito, nen pouco

Programa: 
Comer en Galicia

A IXP Pemento do Couto logrou o recoñecemento definitivo da Unión Europea o pasado 24 de febreiro. O 20 de maio o recoñecemento saiu publicado no Diario Oficial de Galicia. O conselleiro indicou en Narón que o logro conseguido, permite garantir aos consumidores de pemento que o produto vai responder ás suas expectativas. Asimesmo ofrece un marchamo de calidade aos distribuidores. Os produtores ven recompensado o seu esforzo, segundo afirmou Juárez. Os pementos protexidos por esta Indicación Xeográfica son os froitos da especie nomeada cientificamente como Capsicum annuun, L. recollidos en Ferrolterra. Pesan entre 4 e os 6 gramos.Se os pementos de Padrón, uns pican e outros non. Os do Couto, non pican nen moito, nen pouco.