ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
PinkCow apoia ao único Campionato oficial de coctelería que se celebra a nivel nacional e ofrecerá aos asistentes o seu sabor inédito e orixinal. O evento terá lugar o sábado, 23 de marzo, ás 16,30 horas, no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.
O Concurso, que este ano celebra a súa duodécima edición, realizarase na Capela do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, e está previsto que finalice ás 21,30 horas. Ao longo da xornada, PinkCow ofrecerá a nova bebida: soa, combinada ou en orixinais cócteles.
A súa capacidade de combinación cunhas ampla gamas de bebidas alcohólicas e sen alcol, non é casual, foi pensada, deseñada, cociñada... especialmente para que así sexa".
E é que PinkCow é moito máis que unha bebida. Encarna os valores da muller actual, con carácter, independente, pero sensual e sensible. O seu sabor e o seu aroma, afrutado, fresco, cálido e lixeiramente doce, combina todos os armoniosos matices da personalidade dunha muller. Entre as características desta bebida sen alcol destaca que está pensada para coidar a saúde e a liña (é 100% natural e baixa en calorías), por unha banda un compoñente natural antioxidante e por outro, un potenciador da sensación de benestar e positivismo.
Ademais do seu sabor, PinkCow é a primeira bebida sen alcol de España respectuosa co medio ambiente, xa que conta co certificado de pegada de carbono.