Preséntase o espectáculo CoraSons en A Coruña

Programa: 
Músicas e Letras

‘Quen ve coraçoes’ é unha páxina de internet onde a fotógrafa portuguesa Isabel Valentim foi publicando unha serie de textos e fotografías co leit motiv dos ‘corazóns casuais’, figuras de corazóns atopadas na natureza e espalladas polo mundo adiante. Deste xeito, pintadas nas paredes, portas, aramadas, area ou mesmo xeo con forma de corazón, se foron incorporando á páxina. E entón apareceu a amizade.

Uxía, cantante galega que coñecía a Isabel dende anos atrás, namorouse das fotos e lle propuxo facer unha exposición na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. A partir de aquí, o proxecto foi incorporando amigos incondicionais, namorados dos corazóns que non dubidaron en poñer o mellor deles mesmos e da súa arte ao servizo da causa. Para acompañar a inauguración montouse un concerto onde máis de 20 músicos de Galicia e Portugal se xuntaron para facer música “namorada”. Acababan de nacer CoraSóns.

A venda anticipada de entradas está dispoñible a través de www.teatrocolon.es, www.servinova.com, no el Kiosko da Praza de Ourense, de luns a veners de 9:30 a 13 h. e de 16:30 a 19:30, no Centro Sociocultural Novacaixagalicia, Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9 a 21 h. e no despacho de billetes do teatro os días de función de 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a peche.