Prieto podería debutar co Maniños

Programa: 
A Bancada

Eduardo Yañez cun partido de sanción será baixa no Cultural Maniños para o partido deste domingo. O equipo técnico non poderá ademais contar cos lesionados Vicente, Alexis, Marcos Sanchez e Fuguillas. Por motivos persoais tampouco estará Jose Angel. O Portazgo ocupa a duodécima posición con doce puntos. O Maniños pecha a clasificación da Primeira Galicia de fútbol con 5 puntos. Os postos da salvación ainda están a tiro de pedra, unha distancia prudente, segundo o directivo do Maniños Alfredo Fernández.