Raices profundas

Programa: 
Zona Verde

O Concello de Fene decidira impedir a desaparición dese arbore e atendeu á doazón realizada por un veciño da Pedreira. O cepellón da palmeira media máis de dous metros de diámetro e un metro de altura. Segundo o xardineiro municipal de Fene Antón Muñiz, para trasladar a palmeira dende Mehá en Mugardos precisouse un guindastre de 45 toneladas.

A palmeira trasladouse dende Mugardos a Fene o 30 de novembro de 1995. Dous dias antes intentárase a operación pero o guindastre non foi quen de levantar a árbore por riba dun cable do tendido eléctrico situado nas inmediacións. A palmeira quedou co cepellón ao ar. Ese mesmo dia produciuse na zona un tremor de terra, pero a palmeira resistiu e permaneceu en pé. Achegábase daquela aos 11 metros de altura e pesaba 15.000 quilogramos.

Duas alineacións de palmeiras e tamarix ou tamarindos bordean o paseo marítimo de San Valentín. Na zona posterior ao colexio A Xunqueira ubícase tamén unha serie de tullas ou tulleiras transplantadas dende a praza 10 de marzo.