Regalamos cinco entradas dobres para ver ao vivo a Luar na Lubre

Programa: 
Músicas e Letras

Tras 24 anos percorrendo os cinco continentes e tras visitar 26 países e saudar en 12 idiomas distintos, Luar Na Lubre presentarán este domingo no Auditorio de Galicia o seu CD/DVD en directo Ao Vivo. A banda acadou recoñecemento internacional cando Mike Oldfield gravou a canción “O son do ar” no seu álbum Voyager. Ao Vivo foi premiado neste 2010 co Premio da Música no apartado de Mellor Álbum de Música Tradicional. Neste disco, así como no concerto, Luar Na Lubre interpretará os seus temas clásicos e algúns temas novos do que vai a ser o seu próximo traballo discográfico. Luar Na Lubre participan tamén no disco Cantigas do Camiño co tema “Romance de Don Gaiferos”, editado por vez primeira polo mítico Faustino Santalices nos anos 40, canción que tamén se inclúe na reedición do seu último álbum.