Rosa Cedrón e Cristina Pato levan aos teatros galegos un íntimo “Muller”

Programa: 
Músicas e Letras

Os concertos de Vigo e A Coruña tamén serán especiais para ambas artistas, xa que é a primeira vez que achegan Soas aos teatros. Neles soarán os que están no disco máis algún máis que Cedrón e Pato non queren desvelar. O que si sabemos é que levarán a música popular ao seu lado máis clásico co fin de deleitar ao público, segundo Rosa, “os artífices de todo isto, sen as súas escoitas e a súa presenza nos concertos faltaríanos moita información á hora de transmitir todas esas emocións”.

Pola súa banda, Pato asegura que serán concertos íntimos e para todos os públicos. “Tocaremos temas que, en certo modo, forman parte da vida de cada un dos galegos como Pomba dourada ou Unha noite na eira do trigo, que poden conectar con calquera de nós”, asegura a pianista e gaiteira.