A saúde e o lacón con grelos

Programa: 
Comer en Galicia

Nutrición e Higiene Alimentaria presentará un obradoiro práctido de nutrición o vindeiro mércores en Ferrol. Queren  ofrecer consellos para aprender a comer sano. Alimentarse de xeito saudable non é aburrido, segundo indican. Unha comida equilibrada pode ser tamén sustanciosa, porque os menús tradicionais son compatibeis cunha alimentación sana. A charla impartida en colaboración coa Asociación Veciñal do Ensanche A terá lugar o mércores 29 ás 7,30 da tarde no Centro Cultural Carballo Calero da Praza do Inferniño. Ofrecerán tamén uns pinchos saudábeis.