Sabor auga de mar. A voltas coa coción.

Programa: 
Comer en Galicia

Nestes debates andan os xoves cociñeiros que se preparan para ser os restauradores do mañán. Novos métodos de coción para gardar o sabor mais afrodisíaco do mundo, o sabor a auga de mar.

Soemos cocer os moluscos mais tempo do preciso, segundo Adrián González Pico.
Pasarse de tempo provoca que o bicho se enrugue, se encolla e se seque de máis. Pero o peor non é o aspecto - que tamén- senón cómo afecta unha mala coción ao seu sabor. Dous minutos, dous minutos son suficientes para que o molusco estea no punto, pleno de forma e de sabor.

Só con sal e loureiro conseguimos potenciar ese sabor único, que por sí mesmo enche a boca. Para quen pida mais, unhas pingas de limón e para os mais larpeiros están as prebes, verde, fumé ou mariñeira...