"Supernanny" (Cuatro, 21.30 h.)

Programa: 
Televisión
A tal Rocío Ramos-Paúl pasea pola televisión dando consellos aos pais que non son capaces de “domar” as súas criaturas. Os antropocentristas dirán que domar é un verbo denigrante, pero se aceptamos que formamos parte do reino animal e que temos curmáns chimpancés, tamén deberamos convir que as crianzas humanas son máis duros de levar que os cachorros de león. Na volta da educadora ás noites dos venres en Cuatro, debe dar apoio a un matrimonio con catro fillos, tres deles trillizos, que non atopa acougo. Os catro pequenos xinetes do Apocalipsis están a deseñar, polo que contan, un minucioso asalto ao sistema nerviosos dos seus pais. Velaí estará a Nanny milagreira para administrar o seu maxisterio ou, se cadra, dispararlles un deses dardos tranquilizantes que, estou seguro que leva no bolso para casos de emerxencia. A min, que era, que son un bendito, seguro que me daría caramelos. Supernanny emítese ás nove e media en Cuatro.