Tela por cortar na Segunda Autonómica

Programa: 
A Bancada

Un partido con moita carga ambiental e a tensión propia dun derby viviuse o pasado sábado no campo da Gándara de Pontedeume. Enfrontáronse o primeiro e o segundo da clase, o Ortigueira e o Eume Deportivo e a pelota caeu do lado dos locais, que gañaron o partido no último minuto e de penalty.

O adestrador do Ortigueira Manuel Washington Ferrer queixouse en Radiofusión da hostilidade dun sector do público que increpou aos xogadores e ao técnico do Ortegal. Non é normal esa situación nunha competición de afeizoados, afirmou o técnico.  

O entrenador do Eume Deportivo Juan Fernández sacoulle importancia a eses feitos, indicando que no campo de Pontedeume nunca ocorreu nada nos 9 anos nos que él desempeñou  a dirección técnica do equipo. Somentes uns afeizoados querían poñer nervioso ao porteiro do Ortigueira, concluiu.