Telephones Rouges, Carrero Bianco e Colectivo Oruga protagonizan a Festa Demoscópica da Coruña

Programa: 
Músicas e Letras

A da Coruña será unha das primeiras Festas Demoscópicas que organiza MondoSonoro neste 2011. Son 12 as cidades españolas nas que actuarán as mellores bandas noveis do país. Uns directos, convertidos en clásicos, nos que xa actuaron en edicións pasadas Lori Meyers, Triángulo de Amor Bizarro, La Bien Querida, Mendetz, Annie B. Sweet, Mujeres, We Are Standard, Cat People ou Bigott.

MondoSonoro é a revista musical, independente e gratuíta de referencia en España desde hai 16 anos. Distribúe 125.000 exemplares nas principais capitais estatais. Conta con web propia que inclúe unha programación televisiva estable. A publicación obtivo, ademais, o “Premio ao Mellor Medio de Comunicación 2009”, outorgado pola Unión Fonográfica Independiente (UFI).