A todo gas

Programa: 
Comer en Galicia

Por qué o viño branco debe ser o compañeiro natural dos peixes e o tinto das carnes?. Por qué asociamos conceptos como a estrutura ao viño tinto, e a mocidade e frescura ao viño branco? En Parellas Desconcertantes, a cociña de Pepe Solla e os viños de Monterrei queren expoñer ao público á experimentación e demostrar que isto non sempre é así, pois en ocasións as parellas desconcertantes, no que a viños e gastronomía se refíre, poden chegar a ser extraordinarias.  

É por iso, baixo este leitmotive, que se deseñou para a ocasión un cóctel de parellas enogastronómicas que rozan a provocación. "Alteramos a secuencia natural no servizo, expoñemos aos viños a maridajes de alto risco, acompañándoos dos que son considerados produtos prohibidos". Todo en busca de novas sensacións, experiencias gustativas inusuales pero sorprendentes.

Pero antes de pasar a esta fase gustativa, para gañar a confianza do público, procederáse á demostración de que todo o anterior é posible, como
9 motos Harley-Davidson poden chegar a interactuar en harmonía con instrumentos nunha obra musical.

O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) arrincará a actividade do próximo sábado co estreo en España de HD, a obra do compositor alemán Dieter Schenedel para trompeta, sintetizador e 9 Harley-Davidson, grazas á colaboración no evento dos moteros de Coruña Chapter. Este peculiar concerto será o punto de partida dun evento aberto á participación cidadá e que pretende reunir nos Xardíns de Méndez Núñez a numerosos curiosos, atraídos pola experimentación de novas sensacións.

Será entón, finalizada esta primeira actuación, cando entren en xogo a gastronomía e o viño, cunha selección dos grandes viños da Denominación de Orixe Monterrei maridados cos bocados gastronómicos do cocinero estrela Michelín, Pepe Solla. Todo un xogo de parellas que supoñerá un novo reto para a organización, un exercicio de coordinación no servizo que será afrontado polo cátering Boketé, liderado polo cocinero do Grupo Nove, Javier R. Ponche "Taky".

Nesta fase, a de degustación, o aforo é limitado e poderase acceder por invitación, asignado ademais unha serie de prazas entre o público ata completar aforo. No menú adquirirá protagonismo o produto galego, grazas á presenza de produtos de calidade contrastada, como I.X.P. Tenreira Galega, os mariscos de Artesáns da
Pesca ou os lácteos de Queixería Prestes.