Tomiño sabe a kiwi

Programa: 
Comer en Galicia

Os stands dos 60 expositores abriránse o sábado 9 ás 11,30 da mañá. Ofrecerán aos visitantes aceite, marmelada ou aguardente a base desta froita. Tamén haberá “kiwitas”, un doce a base de améndoa e kiwi que se elabora nesta localidade que é o Concello do Estado español de máis producción desta froita. Calcúlase que entre sábado e domingo se consumirán 1.500 quilogramos de kiwi.Tomiño, municipio pertencente á comarca do Baixo Miño, conta co 60% de superficie de plantación de kiwi en Galicia, comunidade na que se contabilizan 450 hectáreas en produción que xeran 6.500 toneladas de froito ao ano. En España o consumo de kiwi excede os 80.000 toneladas ao ano, mentres que a produción chega só a 10.000 toneladas.