Treixadura alcanza o plenilunio con “Esa si que é muiñada”

Programa: 
Músicas e Letras

Treixadura é un dos grupos de música tradicional galega máis representativos de Galicia. De feito, o álbum Unha semaniña enteira foi o disco deste xénero que máis vendeu da historia da música galega, máis de 8.000 copias. Un proxecto e unha proposta que quere incitar ao baile, ao canto colectivo á escoita, a sentir e gozar o patrimonio musical galego.

Nesta ocasión, Treixadura volveu apostar por recoller melodías tradicionais, pero tamén por crear as súas propias. Ademais, a maiores dos gaiteiros e do orfeón Treixadura, están arroupados no álbum polos catro mellores coros galegos no tema “Foliada Marmuradora” e pola orquestra sinfónica de O Rosal. O disco foi gravado nos estudios Casa de Tolos, en Gondomar.

Gaitas, acordeón, pandeiros, pandeiretas, tambor, bombo ou cunhas arroupan as dez voces de Treixadura na interpretación de muiñeiras, foliadas, xotas, alboradas ou alalás. En total, 15 músicos coñecedores da tradición e da música do país, que soben ao escenario para amosar o mellor do seu repertorio.