Un de cada tres anuncios é sexista

Programa: 
Onda Rural

O Informe, realizado no 2008, conclue que a presenza do sexismo na publicidade continua sendo importante. Represéntase á muller como corpo, ainda que iso non teña a mínima relación co producto anunciado. Os estereotipos son moeda común na linguaxe publicitaria presentando ás mulleres como seres débiles, propensas ao colapso, indecisas e vulnerabeis.

O informe estudou máis de 3.124 insercións publicitarias en prensa, radio e televisión de Galicia, publicadas entre o 22 e o 26 de setembro do 2008. Concluese cunha serie de recomendacións de boas prácticas para institucións, anunciantes, medios de comunicación e axencias de publicidade. Entre elas proponse estimular entre consumidores e consumidoras unha lectura crítica do discurso mediático e publicitario, co obxectivo de lles formar no exercicio activo da cidadanía e no consumo responsable.