Unha morte que deixa o cine mudo de novo

Programa: 
Músicas e Letras

Maurice Jarre foi o compositor de cabeceira para outro talento egrexio, o do realizador David Lean, con quen formou un dúo maxestuoso para os álbumes do sétimo arte. Mais o músico tamén deixou partituras para moitos outros creadores, dende a súa estrea no cine coa curtametraxe “Hotel des invalides” en 1952. Entre o máis sobranceiro da súa obra fican as bandas sonoras de “Arde París?”, “A caída dos deuses”, “Gorilas na néboa”, “Ghost”, “A filla de Ryan” ou “Pasaxe á India”, pola que gañaría outra estatuíña na meca do cine.