Unha mostra de cómic para sensibilizar aos máis mozos

Programa: 
Onda Rural

A exposición presenta unha serie de imaxes de artistas do cómic galego e de fóra de Galicia, nas que resaltan as actitudes entre os mozos e mozas que reflicten situacións de violencia, que ao mellor, poden non semellalo.

A secretaria xeral indicou que a idea de que a violencia de xénero desaparecería era equívoca e que non é cuestión soamente de persoas dunha determinada idade educadas nun momento no que o papel das mulleres era diferente ao de hoxe en día. González apuntou que as estatísticas revelan que hai unha porcentaxe considerable de casos de violencia entre a poboación máis nova. Por este motivo, considera necesario redobrar  esforzos para enviar unha mensaxe de rexeitamento á violencia de xénero en todas as súas formas.