ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Preguntaríamoslle sobre a educación das féminas para o intrascendente, dos problemas sociais e económicos que tiña que afrontar unha muller da época para defender a súa opción de non casar, da íntima relación entre o matrimonio e o patrimonio, e, de paso, provocar os seus comentarios inxeniosos e punzantes acerca da veciñanza, esas tres ou catro familias nunha pequena vila rural coas que foi quen de crear un fascinate mundo literario. Trátase, claro, dun desexo que non será posíbel, polo menos directamente, posto que Jane Austen morreu en 1817 aos 42 anos. Temos, iso si, a posibilidade de dialogar apaixonadamente coa súa literatura e descubrir nela auténticos tesouros presentados con tanta intelixencia como aparente sinxeleza. Noel Blanco Mourelle e Anxos García Fonte reuníronse nos estudios de Radio Fene (Radiofusión) para compartir cos oíntes o pracer pola boa literatura arredor da obra de Jane Austen.