Volve a tertulia deportiva a Radiofusión

Programa: 
A Bancada
A Tertulia Deportiva de Radiofusión pecha a programación deportiva da fin de semana que comeza ás catro da tarde con conexións en directo con varios campos de fútbol da bisbarra. O Carrusel Volta á Ría continúa ao longo da tarde con reportaxes radiofónicas, entrevistas en directo e moita información grazas ao equipo formado por Oscar Martínez, Paulo Regueiro e un servidor Xan Morales. Máis de sete horas de radio deportiva comarcal.