Volvendo a ler "O prezo da tentación"

Programa: 
Músicas e Letras
O sector naval ("outrora xigante en expansión, virara cos pés de barro e desmoronábase sen remisión aparente") e a reconversión configúranse como outros dos escenarios do libro. O narrador omnisciente vai adoptando diferentes perspectivas e puntos de vista, crea o suspense típico da novela policíaca e logra trasladar o desacougo dos protagonistas ao lector.
Quizais algúns toques de erudición literaria xa na parte final poidan amolar ao neófito, pero en calquera caso o libro lése co apuro de coñecer o desenlace das distintas tramas argumentais. Tanto a intensa relación de Ferrolterra con Guinea Ecuatorial, como o mesmo proceso de reconversión naval son temas que apunta Henrique Dacosta e que sen dúbida darán lugar a máis obras -noveladas ou non- xa que os dous momentos históricos foron auténticas "conquistas do Oeste" para unha comarca. As dúas epopeias saldáronse con derrotas da xustiza e da razón pero o seu final ainda non está definitivamente escrito.